Neko

7.6.06

Terra infinita de ilusións

Esta foto pertence a Sherrely

Ti, o meu alento
por quen vivo, morro e resucito
a quen todo daría e de quen nada espero.

Os felices momentos ao teu carón,

remataron cunha inesperada despedida,
non fun consciente da última vez que te vin,
non puiden sequera despedirme.

As ilusións que tiña xunto a ti
morreron sen previo aviso,
o tempo esgotouse para sempre;
endexamais serei feliz como o fun contigo.

Só me queda un recordo
insuficiente para min
só me queda o teu exemplo
para facer a alguén feliz.