Neko

23.3.06

Un comezo de primavera distinto.

Onte saímos á rúa todo o grupo de Técnicas de Expresión coa intención de atopar a primavera e poder ter un retrato dela. Intentamos atopala na beira dun río e polas zonas cercanas ó instituto, poidemos fotografiar varias árbores e incluso chegamos a falar cuns paisanos nosos sobre o tema.

O día de onte foi un día estraño, peculiar, diferente e especial, xa que a clase foi totalmente diferente ás do resto do curso, fóra das aulas e do instituto.
Quizais sexa só unha coincidencia co que a esa mesma hora estaba a pasar no País Vasco, un novo comunicado da banda ETA; o que está claro é que ese día algo cambiou, foi diferente ós demais, pode ser que a coincidencia non signifique nada ou que nos cambie a vida a todos.

Esta é unha foto recollida de flickr.