Neko

20.2.06

Sombras

Este é un poema escrito por min nunha noite de inverno:


Só un sorriso,
iso só é preciso
para poder vivir, lembrar
sentir e camiñar.

No dramático oasis
onde as ás lle cortaron
pensa que poderá voar
e recuperar o que un día lle roubaron.

Un inferno en vida,
só espiñas nun rosal,
cobran a un inocente
unha factura sen pagar.

O día de emprender o voo
morreu a luz, o sorriso
que o guíaba esvaeceuse.

No cárcere,
onde o espíritu lle condenaron
decidiu rematar o camiño
para acender a luz que nela lle apagaron.

Esta é un foto collida de flickr e está feita por Rekarde.