Neko

30.11.05

¿Somos inventores?



Esta é outra das actividades que levamos a cabo no obradoiro que fixemos con Estíbaliz Espinosa, que consiste en inventar unha máquina que nos gustaría que existise.

¿Coincidencias?

Aquí está o aparello que, eu penso que sería moi útil, polo menos para min, e co que poderíamos zafarnos de diversas situacións nas que o seu desenlace sen este aparello non satifaría os nosos intereses.

Preséntovos a máquina que solucionará a maior parte dos vosos problemas coa maior discrección e talento posibles, A MÁQUINA DAS COINCIDENCIAS.
Para utilizar esta máquina bastaría con introducir nela unha clave todos os días e ela decidiría as coincidencias que máis lle conveñen a cada persoa.
Por exemplo: un día calquera vas ao cine e coincide que ese día custa a metade e as persoas que se chaman coma ti teñen desconto especial.
Outro exemplo: non estudiaches para o exame de hoxe e coincide que falta o profesor e cambian o exame para outro día.
A máquina constaría dunha pantalla non moi grande, como a dún teléfono móbil, con tres botóns na parte inferior da pantalla, e cinco símbolos ou caracteres para introducir a nosa clave cando precisemos a axuda da máquina.
Con ela a vida sería moito máis relaxada......