Neko

30.11.05

¿Somos inventores?



Esta é outra das actividades que levamos a cabo no obradoiro que fixemos con Estíbaliz Espinosa, que consiste en inventar unha máquina que nos gustaría que existise.

¿Coincidencias?

Aquí está o aparello que, eu penso que sería moi útil, polo menos para min, e co que poderíamos zafarnos de diversas situacións nas que o seu desenlace sen este aparello non satifaría os nosos intereses.

Preséntovos a máquina que solucionará a maior parte dos vosos problemas coa maior discrección e talento posibles, A MÁQUINA DAS COINCIDENCIAS.
Para utilizar esta máquina bastaría con introducir nela unha clave todos os días e ela decidiría as coincidencias que máis lle conveñen a cada persoa.
Por exemplo: un día calquera vas ao cine e coincide que ese día custa a metade e as persoas que se chaman coma ti teñen desconto especial.
Outro exemplo: non estudiaches para o exame de hoxe e coincide que falta o profesor e cambian o exame para outro día.
A máquina constaría dunha pantalla non moi grande, como a dún teléfono móbil, con tres botóns na parte inferior da pantalla, e cinco símbolos ou caracteres para introducir a nosa clave cando precisemos a axuda da máquina.
Con ela a vida sería moito máis relaxada......



23.11.05

Texto en Glíguico

A segunda actividade que fixemos con Estíbaliz Espinosa foi ler un texto de Julio Cortázar que estaba escrito en Glíguico, un idioma inventado polo autor do texto, con el poidemos comprobar que se poden dicir cousas sen nomealas, pero entendendo "perfectamente" o que nos queren transmitir. A ver que vos parece o meu:

Os rapaces ruliron a colina abaixo entre os marbulos, sotes e ranzas visaron unha cuevena onde sortar a oscuote.Cuando se reviaron atorrelaron o seu carón unha dondelina que os comeriu ata unha hogara chea de fadas, magues, meigas...E este fu o seu primeiro lonacto coa maxia. Os dous rapaces quedaron falnelados con ese mundo e dericiron dedifar o cresto das súas liviadas a farnear novos esxuros, pótimas, fastes e rucos.E tras ranos de mestudo conseguiron o mellor escuxuro xamais rado.

7.11.05

Obradoiro con Estíbaliz Espinosa

Durante dúas semanas os alúmnos de Técnicas de Expresión Escrita do IES.David Buján, tivemos a oportunidade de asistir a un obradoiro conducido por Estíbaliz Espinosa, unha escritora galega que eu non coñecía, pero que, tras as horas que compartimos con ela, pareceume unha persoa bastante interesante.
O obradoiro foi moi entretido e diferente.
Non foi o típico obradoiro no que tes que dedicarte a escoitar, sen apenas poder opinar, e que rematadas as horas dedicadas a esta actividade xa non lembras nin sequera de que se falou, todo o contrario.
Con ela puiden darme conta de que pode existir literatura en detalles que xamais puiden imaxinar.
Eu pensaba que o de escribir era para xente que tivera un don para iso, e con ela, puiden comprobar que ata eu, (que penso que son negada para a creación de textos) son capaz de escribir un texto minimamente interesante.

Primeiro empezamos, loxicamente, coas presentacións, e tamén falamos a cerca da literatura en xeral. Durante os días que estivo connosco fixemos un montón de actividades, fixemos un texto en glíguico (un "idioma" inventado por nós) , engadimos unha estrofa a unha canción de Bob Dilan, inventamos unha máquina...
Nesta primeira xornada con ela e tras falar sobre un escritor que publicou un libro formado tan só por lembranzas súas, decidimos escribir cada un as nosas, e aquí están as miñas.



Lémbrome de:

... As botas rosas que me regalaou a miña tía cando tiña sete anos.
... O día que aprendín a andar en bicicleta co meu pai.
... A planta que tiña a miña nai no salón cando eu era pequena.