Neko

7.6.06

Terra infinita de ilusións

Esta foto pertence a Sherrely

Ti, o meu alento
por quen vivo, morro e resucito
a quen todo daría e de quen nada espero.

Os felices momentos ao teu carón,

remataron cunha inesperada despedida,
non fun consciente da última vez que te vin,
non puiden sequera despedirme.

As ilusións que tiña xunto a ti
morreron sen previo aviso,
o tempo esgotouse para sempre;
endexamais serei feliz como o fun contigo.

Só me queda un recordo
insuficiente para min
só me queda o teu exemplo
para facer a alguén feliz.

10.5.06

Sentimentos



Powered by Castpost
Esta canción chámase "Hard to Concentrate", é un tema do grupo Red Hot Chili Peppers.
Hard To Concentrate

Hustle, bustle, and, so much muscle
Cells about to separate
Now I find it hard to concentrate
And, temporary this
Cash and carry ‘em
Stepping up to indicate
The time has come to deviate
And, all I want is for you to be happy
And, take this moment to make you my family
And, finally you have found something perfect
And, finally you have found…
Death defying this
Mess I’m buying its
Raining down with love and hate
Now, I find it hard to motivate
And, estuary is, blessed but scary
Heart’s about to palpitate
Now, I’m not about to hesitate
And, want to treasure the rest of your days here
And, give you pleasure in so many ways dear
And, finally you have found something perfect
And, finally you have found…
(Here we go)
Do you want me to show up for duty?
And, serve this woman, and all of her beauty
And, finally you have found something perfect
And, finally you have found…
Yourself… with me, will
You, agree to take this man
Into your world
And now, we are as one
My lone ranger
The, heat-exchanger
Is, living in this figure eight
Now I do my best to recreate
And, sweet precision
And, soft collision
Heart’s about to palpitate
Now I find it hard to separate
And, all I want is for you to be happy
And, take this woman and make you my family
And, finally you have found someone perfect
And, finally you have found…
All I want is for you to be happy
And, take this woman and make you my family
And, finally you have found someone perfect
And, finally you have found…
Yourself

8.5.06

Castelos


Busco a resposta
a unha pregunta que non sei formular.
Busco unha explicación
a un misterio sen resolver.
Só quero atopar a orixe
dun lugar co que soñei.
Quero saber a verdade
deste atallo que atopei.

23.3.06

Un comezo de primavera distinto.

Onte saímos á rúa todo o grupo de Técnicas de Expresión coa intención de atopar a primavera e poder ter un retrato dela. Intentamos atopala na beira dun río e polas zonas cercanas ó instituto, poidemos fotografiar varias árbores e incluso chegamos a falar cuns paisanos nosos sobre o tema.

O día de onte foi un día estraño, peculiar, diferente e especial, xa que a clase foi totalmente diferente ás do resto do curso, fóra das aulas e do instituto.
Quizais sexa só unha coincidencia co que a esa mesma hora estaba a pasar no País Vasco, un novo comunicado da banda ETA; o que está claro é que ese día algo cambiou, foi diferente ós demais, pode ser que a coincidencia non signifique nada ou que nos cambie a vida a todos.

Esta é unha foto recollida de flickr.

15.3.06

Só un reflexo

Sinto en min pena
ao recordar aquel momento,
un momento do pasado
que inunda o meu pensamento.

Soño que volvo a vivilo,
penso en recuperalo,
é un reflexo efímero
nun espello olvidado.

Oxalá se gravase na miña mente
e para sempre poder recordalo
sinto en min un vacío
ao pensar que está ameazado.

Sei que desaparecerá
e na miña mente será executado
sei que é un reflexo
no meu corazón gardado.

20.2.06

Sombras

Este é un poema escrito por min nunha noite de inverno:


Só un sorriso,
iso só é preciso
para poder vivir, lembrar
sentir e camiñar.

No dramático oasis
onde as ás lle cortaron
pensa que poderá voar
e recuperar o que un día lle roubaron.

Un inferno en vida,
só espiñas nun rosal,
cobran a un inocente
unha factura sen pagar.

O día de emprender o voo
morreu a luz, o sorriso
que o guíaba esvaeceuse.

No cárcere,
onde o espíritu lle condenaron
decidiu rematar o camiño
para acender a luz que nela lle apagaron.

Esta é un foto collida de flickr e está feita por Rekarde.

9.1.06

Lembranzas

Esta é outra actividade que realizamos con Estíbaliz, trátase de crear un poema sobre un día calquera da nosa vida do que podemos ter ou non recordos.
Aquí está o meu:



No ano noventa e catro,
un catorce de decembro
Que pasaba no meu mundo?
De ningún recordo me lembro.
Estaría no colexio.
Na casa con alta febre,
xogando cos meus amigos
ou o Xabarín vendo na tele.
Seguramente tramaría
trasnadas na habitación,
quixera poderme lembrar
o que a miña mente cruzou.

12.12.05



Esta é a primeira imaxe que publico no meu blog.
É unha imaxe collida de
flickr, onde atoparedes imaxes publicas que poderedes utilizar libremente.
Este é un exemplo.

30.11.05

¿Somos inventores?



Esta é outra das actividades que levamos a cabo no obradoiro que fixemos con Estíbaliz Espinosa, que consiste en inventar unha máquina que nos gustaría que existise.

¿Coincidencias?

Aquí está o aparello que, eu penso que sería moi útil, polo menos para min, e co que poderíamos zafarnos de diversas situacións nas que o seu desenlace sen este aparello non satifaría os nosos intereses.

Preséntovos a máquina que solucionará a maior parte dos vosos problemas coa maior discrección e talento posibles, A MÁQUINA DAS COINCIDENCIAS.
Para utilizar esta máquina bastaría con introducir nela unha clave todos os días e ela decidiría as coincidencias que máis lle conveñen a cada persoa.
Por exemplo: un día calquera vas ao cine e coincide que ese día custa a metade e as persoas que se chaman coma ti teñen desconto especial.
Outro exemplo: non estudiaches para o exame de hoxe e coincide que falta o profesor e cambian o exame para outro día.
A máquina constaría dunha pantalla non moi grande, como a dún teléfono móbil, con tres botóns na parte inferior da pantalla, e cinco símbolos ou caracteres para introducir a nosa clave cando precisemos a axuda da máquina.
Con ela a vida sería moito máis relaxada......



23.11.05

Texto en Glíguico

A segunda actividade que fixemos con Estíbaliz Espinosa foi ler un texto de Julio Cortázar que estaba escrito en Glíguico, un idioma inventado polo autor do texto, con el poidemos comprobar que se poden dicir cousas sen nomealas, pero entendendo "perfectamente" o que nos queren transmitir. A ver que vos parece o meu:

Os rapaces ruliron a colina abaixo entre os marbulos, sotes e ranzas visaron unha cuevena onde sortar a oscuote.Cuando se reviaron atorrelaron o seu carón unha dondelina que os comeriu ata unha hogara chea de fadas, magues, meigas...E este fu o seu primeiro lonacto coa maxia. Os dous rapaces quedaron falnelados con ese mundo e dericiron dedifar o cresto das súas liviadas a farnear novos esxuros, pótimas, fastes e rucos.E tras ranos de mestudo conseguiron o mellor escuxuro xamais rado.

7.11.05

Obradoiro con Estíbaliz Espinosa

Durante dúas semanas os alúmnos de Técnicas de Expresión Escrita do IES.David Buján, tivemos a oportunidade de asistir a un obradoiro conducido por Estíbaliz Espinosa, unha escritora galega que eu non coñecía, pero que, tras as horas que compartimos con ela, pareceume unha persoa bastante interesante.
O obradoiro foi moi entretido e diferente.
Non foi o típico obradoiro no que tes que dedicarte a escoitar, sen apenas poder opinar, e que rematadas as horas dedicadas a esta actividade xa non lembras nin sequera de que se falou, todo o contrario.
Con ela puiden darme conta de que pode existir literatura en detalles que xamais puiden imaxinar.
Eu pensaba que o de escribir era para xente que tivera un don para iso, e con ela, puiden comprobar que ata eu, (que penso que son negada para a creación de textos) son capaz de escribir un texto minimamente interesante.

Primeiro empezamos, loxicamente, coas presentacións, e tamén falamos a cerca da literatura en xeral. Durante os días que estivo connosco fixemos un montón de actividades, fixemos un texto en glíguico (un "idioma" inventado por nós) , engadimos unha estrofa a unha canción de Bob Dilan, inventamos unha máquina...
Nesta primeira xornada con ela e tras falar sobre un escritor que publicou un libro formado tan só por lembranzas súas, decidimos escribir cada un as nosas, e aquí están as miñas.



Lémbrome de:

... As botas rosas que me regalaou a miña tía cando tiña sete anos.
... O día que aprendín a andar en bicicleta co meu pai.
... A planta que tiña a miña nai no salón cando eu era pequena.